Muros celebrará o 25N con actividades de divulgación e sensibilización durante todo novembro

06 Novembro 2026

O Concello de Muros, a través da alcaldesa María Lago e da concelleira Maruxa Martínez, presentou a súa programación con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A axenda vén con diferentes actividades (obradoiros, teatro, sesións de sensibilización e un acto institucional no Curro da Praza) para, segundo indicaron Lago e Martínez, “reflexionar, aprender, sensibilizar e seguir avanzando cara a unha sociedade libre de violencias machistas”. Desenvolveranse ao longo das vindeiras semanas de novembro.

· 14 de novembro ás 17:00 h. Obradoiro Como acompañar ás mulleres que sofren violencia machista e as súas familias, coa psicóloga Áurea Brea. Centro Sociocultural do Areal.

· 18 de novembro ás 10:00 e 12:00 h. Obradoiro A sombra constante: pasado e presente da violencia de xénero. Casa da Sociedade de Esteiro e Centro San Xosé.

· 19 de novembro ás 10:00 h. Obradoiro A sombra constante: pasado e presente da violencia de xénero. Casa Social de Torea.

· 21 de novembro ás 20:30 h. Teatro para público adulto: As damas de Ferrol. Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil.

· 22 de novembro ás 17:30 h. Teatro familiar: Crisálida. Local Social de Sorribos.

· 23 de novembro. Charla Sementes do cambio: erradicando a violencia sexual. IES As Insuas e IES Fontexería.

· 25 de novembro. De 10:00 a 13:00 h. Punto de sensibilización en colaboración con ADISBISMUR e a Deputación da Coruña.

· 12:00 horas no Curro da Praza. Concentración e lectura de manifesto.

A concelleira de Muller e Igualdade, Maruxa Martínez, animou a participar nesta programación e lembra que “a violencia machista combátese todos os días, coa educación, coa sensibilización e coa implicación de toda a sociedade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.