Os desfiles, os concursos e os tradicionais enterros choqueiros serán os protagonistas do Entroido boirense

12 Febreiro 2020

O Entroido de Boiro vén este ano cun amplo abano de actividades variadas para veciños e visitantes de todas as idades. Para poñer o foco nesta vertente diversa do Febreiro Choqueiro boirense, o Concello e unha manchea de asociacións e colectivos locais presentaron este mércores 12 a axenda cultural e festeira que abranguerá practicamente todo o mes de febreiro (e parte do de marzo) e que terá varios centros neurálxicos de actividade, entre os que se conta o Centro Social. Haberá música, ruadas, exaltacións gastronómicas, concursos e, como non, as tradicionais despedidas ao Felipiño de Escarabote e máis ao Óso de Abanqueiro.

Á presentación do programa asistiron a concelleira de Cultura, María Outeiral, o técnico de Cultura, Alberto García, Alfonso Alcalde, da Asociación Comisión de Festas da Boliña, Lucia Pérez, da asociación que organiza o Enterro do Felipiño en Escarabote e José Blanco, da organización do Enterro do Óso en Abanqueiro.

O programa de actividades comeza o 21 de febreiro co Concilio de Abadesas, unha ruada aberta aberta á participación da veciñanza (todo o mundo pode participar, co único requisito de levar como complemento da vestimenta elementos relixiosos). O desfile, no que participa a charanga Vai de Baile, comeza as 19.00 horas no Centro Cultural de Boiro e remata na Pousada da Galicia Imaxinaria.

O sábado día 22, a Asociación Comisión de Festas da Boliña organiza o seu tradicional Entroido, coa Festa da Orella (que vai xa pola súa edición número 13), maquillaxe infantil e música. Será no campo de Revelar, na Boliña, a partir das 19.00 horas.

O domingo 23 o Concello promove un desfile infantil pola rúa peonil e haberá tamén animación para os mais cativos e actuación de Magín Blanco na praza da Mancomunidade.

O martes 25 celebrarase o xa tradicional desfile e concurso de disfraces e carrozas, no que se van repartir 3.000 euros en premios. O desfile este ano sairá un pouco antes, ás 17.00 horas, e farao da praza do Concello.

A programación de entroido remata a fin de semana seguinte, co Domingo de Enterros, que será o 1 de marzo. Como novidade, este ano haberá un tren que percorra o municipio para levar a xente duns enterros a outros e no que irá a charanga Faíscas da Pontraga. Sairá de Boiro pola mañá e percorrerá Abanqueiro, Escarabote e Boiro.

Programación

Venres 21 de febreiro

19.00h – Concilio de Abadesas pola rúa peonil

19.00h – Festa de Entroido da ANPA de Escarabote no Centro Social de Escarabote

Sábado 22 de febreiro

19.00h – Entroido da Boliña no Campo de Revelar

Domingo 23 de febreiro

16.30h – Desfile infantil pola rua peonil

Luns 24 de febreiro

10.30h – Obradoiro de Repostaría e Manualidades de Entroido no Centro Social de Cabo de Cruz

Martes 25 de febreiro

17.00h – desfile e concurso de disfraces e carrozas

Domingo 1 de marzo

*Haberá un tren co grupo Faíscas da Pontagra que percorra o municipio para ir duns enterros a outros

12.00h – Enterro da Cunca en Praia Xardin

12.00h – Desfile da Asociación Cul. Ent. Crucense en Cabo de Cruz

12.00h – Foliada de Entroido A.C. Pedra da Aroña no porto de Escarabote

16.30h – Enterro do Óso en Abanqueiro

17.00h – Enterro do Felipiño no porto de Escarabote

20.30h – Enterro da Sardiña no Centro Social de Boiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.