O Goberno local de Boiro aproba en pleno os Orzamentos para este 2026

01 Maio 2026

O Concello de Boiro celebrou este xoves día 30 o pleno ordinario da Corporación correspondente ao mes de abril. A sesión, que como de costume pode visualizarse na canle municipal de Youtube, saldouse con acordos moi relevantes, como a aprobación, cos votos a favor do equipo de Goberno, dos novos Orzamentos, que foron avanzados polo Executivo os días pasados e que ascenden a máis de 19 millóns de euros.

As contas inclúen entre outras cousas unha partida para pavimentados e arranxo de vías en varios lugares de todo o termo municipal; investimento na mellora da rede de saneamento e abastecemento municipal; unha partida para o arranxo de centros sociais; investimentos en mellora das infraestruturas deportivas; así como mellora de parques infantís entre outras.

Tamén foi aprobada unha moción do BNG para a posta a punto do Complexo Deportivo de Vista Alegre e o Pavillón de Valiño.

Igualmente, aprobouse por unanimidade a proposta de Boiro Novo para realizar melloras de seguridade relevantes en Valmaior, Treites e O Louriño, en Cespón, e para mellorar a contorna da Fonte do Lorcho, en Cabo de Cruz.

Votacións da sesión

1. Aprobación da acta da sesión ordinaria do 26 de marzo de 2026 – aprobación con 11 votos a favor (PSOE, BNG e Boiro Novo) e 6 abstencións (PP e 1 concelleiro do PSOE).

2. Elaboración e aprobación do Orzamento – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 8 votos en contra (PP, BNG e Boiro Novo).

3. Aprobación do Proxecto de consolidación de edificacións de lagar, vivenda e as cortes no entorno patrimonial do Pazo de Goiáns – aprobación por unanimidade (17 votos a favor).

4. Moción do grupo municipal do BNG relativa ao campo de Vista Alegre – aprobación por unanimidade (17 votos a favor).

5. Moción do grupo municipal de Boiro Novo/mixto para acometer melloras na zona de Valmaior, Treites e O Louriño – aprobación por unanimidade (17 votos a favor).

6. Moción do grupo municipal de Boiro Novo/mixto para solicitar o arranxo da Fonte do Lorcho e a mellora e posta en valor da praza e zonas anexas – aprobación por unanimidade (17 votos a favor).

7. Cargos Públicos (Dedicacións, Retribucións e Indemnizacións – aprobación con 9 votos a favor (PSOE), 3 votos en contra (BNG e Boiro Novo) e 5 abstencións (PP).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...