O Concello de Boiro presenta un orzamento que ascende aos 19.136.000 euros e dedica a investimento máis de 1.600.000 euros

28 Abril 2026
O concelleiro de Facenda, Luis Ruiz, e o alcalde José Ramón Romero, nunha imaxe de arquivo

O Goberno local presenta para o seu debate e aprobación no vindeiro pleno da Corporación que se celebrará o 30 de abril o Orzamento Municipal para o ano 2026 que ascende aos 19.136.000 euros. Segundo indicou o Executivo, estas contas seguen a mesma liña que as aprobadas nos últimos anos: “Un presuposto que cubre todas as obrigas municipais, que mellora en servizos e que reduce a débeda”, en palabras do grupo de Goberno.

“Cando entramos no Executivo no ano 2019 a débeda estaba no 42,15%, pechamos o ano 2025 cun 17.90% e imos seguir traballando para que chegue a cero”, recoñece o tenente de alcalde e concelleiro de Facenda, Luís Ruiz.

No relativo ao capitulo dos investimentos, o Orzamento deste 2026 inclúe unha partida para pavimentados e arranxo de vías en varios lugares de todo o termo municipal; investimento na mellora da rede de saneamento e abastecemento municipal; unha partida para o arranxo de centros sociais; investimentos en mellora das infraestruturas deportivas; así como mellora de parques infantís entre outras.

Outros artigos

A marca Dior contrata á deseñadora boirense María Alborés

Un dos deseños de María Alborés Mesturar o luxo da marca Dior co arrecendo a mar de calquera porto de Boiro é xa unha realidade. E detrás desa confluencia case imposíbel convertida agora en realidade atopamos a unha moza galega de 28 anos que se chama María Alborés...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.