A horas para a constitución das novas corporacións. As alcaldías de Ribeira, A Pobra, Muros, Outes á espera dos pactos. O BNG decide entregar a de Noia o PP

06 Xullo 2023

A constitución das novas corporacións dos concellos de Boiro, Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, Outes, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Ribeira celebranse este venres 7 de xullo. A decisión afectou tamén á Deputación da Coruña, que tampouco pudo poñerse en marcha ata mediados deste mes de xullo.

Tal como informamos en “obarbanza.gal” a Xunta electoral de Noia obrigou ao aprazamento tras desestimar un recurso presentado polo PSOE, cuxo representante de zona denunciou que ao partido impedíranlle comprobar os 900 votos nulos rexistrados.
Os socialistas quedaron a só 10 votos de obter un deputado provincial por este partido xudicial que foi para o BNG.

Aínda que a xunta electoral desestimou a denuncia dos socialistas, sinalou que a xunta de zona de Noia realizou a proclamación dos concelleiros electores nos municipios da zona conforme ao resultado do escrutinio xeral realizado. Unha proclamación que se fixo o pasado venres, 16 de xuño.

Precisamente, a Loreg sinala que as corporacións se constitúen en sesión pública o vixésimo día posterior á celebración das eleccións, salvo que se presentou recurso contencioso-electoral contra a proclamación dos concelleiros electos, en cuxo suposto se constitúen o cuadraxésimo día posterior aos comicios. Fontes socialistas confirmaron a súa intención de non presentar recurso contra a desestimación.

Ribeira, A Pobra, Outes, Noia e Muros parecen selos concellos onde existen máis dúbidas aínda que nalgúns deles existen preacordos.

Mentres en Ribeira existe un pacto a tres BNG, PBBI e PsdeG-Psoe, que daría a alcaldía ós nacionalistas, en A Pobra Nós Pobra non acepta a proposta do BNG de pactar deixando fora o equipo actual o que permitiría o PP asumila alcaldía por sela candidatura máis votada. En Outes un acordo de goberno entre Compromiso Outes, BNG e PsdeG-Psoe para a lexislatura 23-27 mantería o actual rexedor na alcaldía.

En Noia, mentres o BNG rexeita un cuadripartito cunha alcaldía compartida entre Marisol Villar e Fran Pérez polo que unha alianza entre independentes e PP perfílase como a opción máis viable de fronte ao pleno de mañá. A primeira hora da tarde o BNG informaba que finalmente decidia entregar a alcaldía de Noia ao Partido Popular. En Muros BNG e PSOE están próximos a un pacto para formar un bipartito.

Polo demáis Boiro co PSdeG-Psoe e O Son e Lousame co PP de Galicia, teñen a situación máis clara. Rianxo con Julián Bustelo de “Rianxo en Común” o depender doutra demarcación elixíu xa o alcalde.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.