Aprazada ao 7 de xullo a constitución das corporacións de 9 concellos do partido xudicial de Noia

15 Xuño 2023

A constitución das novas corporacións dos concellos de Boiro, Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, Outes, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Ribeira aprazarase ata o próximo 7 de xullo. A decisión afecta á Deputación da Coruña, que tampouco poderá poñerse en marcha ata mediados de mes

A Xunta electoral de Noia obrigou ao aprazamento tras desestimar un recurso presentado polo PSOE, cuxo representante de zona denunciou que ao partido impedíranlle comprobar os 900 votos nulos rexistrados.
Os socialistas quedaron a só 10 votos de obter un deputado provincial por este partido xudicial que foi para o BNG.

Aínda que a xunta electoral desestima a denuncia dos socialistas, sinala que a xunta de zona de Noia deberá realizar a proclamación dos concelleiros electores nos municipios da zona conforme ao resultado do escrutinio xeral realizado. Unha proclamación que se fará efectiva ás 13:00 horas deste venres, 16 de xuño.

Precisamente, a Loreg sinala que as corporacións se constitúen en sesión pública o vixésimo día posterior á celebración das eleccións, salvo que se presentou recurso contencioso-electoral contra a proclamación dos concelleiros electos, en cuxo suposto se constitúen o cuadraxésimo día posterior aos comicios. Fontes socialistas confirmaron a súa intención de non presentar recurso contra a desestimación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.