O BNG de Noia rexeita un cuatripartito cunha alcaldía compartida

06 Xullo 2023

Dende o pasado 28 de maio, e dados os resultados das eleccións, tanto a Marea Cidadá de Noia como o Partido Socialista intentaron buscar un acordo de goberno alternativo ao do Partido Popular.

Sabedores da catástrofe que supuxo para Noia o anterior goberno de Santiago Freire, e do nocivo que resultou para a defensa da ría de Noia, para o mantemento da Planta de reciclaxe de Servia, para a nosa economía e para o estado dos servizos na nosa localidade, ambas formacións entenderon dende o comezo que a formación dun goberno alternativo era unha cuestión de lealdade con Noia e ca súa veciñanza.

Este goberno alternativo, que necesariamente tería que contar co apoio dos Noieses Independentes Agrupados e do BNG, debería ser necesariamente un goberno cun programa progresista e de crecemento económico, que antepuxese a defensa de Noia por riba de todo.

Nun inicio, os Noieses Independentes Agrupados aceptaron a proposta de programa progresista que se lle propuxo para Noia, a condición de ostentar a Alcaldía durante todo o mandato. Esta condición foi rexeitada polas formacións progresistas, aceptando finalmente o NO.I.A. unha alcaldía rotativa de dous anos co Partido Socialista.

No que respecta ao BNG, a posición foi negativa dende un comezo. Logo de rexeitar, como o resto de formacións, a alcaldía dos independentes durante o conxunto do mandato, decidiron tamén rexeitar a proposta de acordo de alcaldía rotativa, malia os importantes avances que incluía o acordo programático.

Logo de que esta cuestión fose tratada a nivel local polo BNG, a organización decidiu levar a cabo unhas negociacións a nivel nacional, negociacións que fructificaron e desbloquearon, temporalmente, a conformación dun novo goberno para Noia. Desgraciadamente, e nas últimas horas, vimos de saber que o Consello local do BNG decidiu facer caso omiso ás negociacións nacionais, manténdose na posición de bloqueo que, de facto, lle outorga a Alcaldía de Noia unha vez máis ao Partido Popular.

Nin dende a Marea Cidadá de Noia nin dende o Partido Socialista nos explicamos esta posición. Chegados a un punto no que se trataba de escoller entre un goberno progresista con alcaldía rotativa, co voto a favor do BNG, ou a repetición do goberno de Santiago Freire, co seu voto negativo, non podemos comprender que se optase pola segunda posición. 

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.