Porto do Son dota de Wi-Fi pública sete puntos do concello grazas ao proxecto europeo WiFi4EU

28 Xaneiro 2022

O Concello de Porto do Son comezou o ano dando un paso de xigante en materia de conectividade ao servizo da cidadanía. En concreto, comunicou a instalación dunha manchea de puntos públicos Wi-Fi para acceder de balde a Internet en diferentes emprazamentos referenciais do termo municipal. A posta en marcha destes accesos (un total de sete) foi posíbel grazas á participación do Concello no proxecto europeo WiFi4EU (do que tamén se benefician Rianxo e Ribeira), impulsado dende a Axencia Executiva de Innovación e Redes (INES) da Comisión Europea.

Estes son os inmóbeis que contan con puntos de acceso a Internet gratuítos ao servizo da veciñanza:

✅ Casa de cultura de #Miñortos

✅ Casa de Cultura de #Portosín

✅ Praza do Curro de Portosín

✅ Casa de Cultura de #Queiruga

✅ Casa de Cultura de #SanPedro

✅ Biblioteca de Porto do Son

✅ Praza de España de Porto do Son

Procedemento

Para poder tirar proveito do servizo, deberemos identificar un número de teléfono móbil para recibir logo un SMS co usuario e contrasinal aleatorios que debemos utilizar para autenticarnos no portal do proxecto.

Desta forma cúmprese ademais cos requirimentos legais da RGPD e permite no seu caso, a identificación dun usuario final a través do número de móbil proporcionado no sistema.

O SSID ou nome da rede Wi-Fi difundida é: Wifi4 EU – PortodoSon.

O tipo de rede é aberto con autenticación “por portal cautivo”, informa o Concello, engadindo que este sistema permite que cando un dispositivo se conecte á rede Wi-Fi, abra automaticamente un navegador mostrando o portal do acceso. Este pode ser visitado tamén dende un navegador.

As credenciais facilitadas teñen unha validez de 24h aínda que, o seu uso está limitado a 12 h. a partir do primeiro acceso

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.