A rede europea WiFi4EU entra en funcionamento en Rianxo

08 Marzo 2021

Seguen a incrementarse as posibilidades de conexión no concello de Rianxo, dotando á veciñanza dun servizo (Internet sen fíos de balde) que, dende o comezo da pandemia, subiu novos chanzos en relevancia. Segundo confirmou o Concello, vén de completarse o despregue dos 10 puntos locais de acceso que conforman no municipio a rede pública aberta WiFi4EU.

A Axencia Executiva de Innovación e Redes (INEA) da Comisión Europea subvenciona a adquisición do equipamento con 15.000 €, que o Concello completa con 21.749,44 € de fondos propios para garantir o subministro de datos durante os tres vindeiros anos.

A iniciativa WiFi4EU promove o libre acceso da cidadanía a conexións Wi-Fi abertas e gratuítas en espazos públicos de municipios de toda Europa.

As áreas cubertas polos puntos de acceso en espazos públicos son as seguintes:

· Campo de Arriba (Rianxo)

· Parque de Galicia – Auditorio (Rianxo)

· Praza Virxe de Guadalupe (Rianxo)

· Parque da Martela (Rianxo)

· Praia da Torre – Castelo da Lúa (Taragoña – Rianxo)

· Campo de Pazos (Taragoña)

· Centro Social da Capela (O Araño)

· Casa da República (Isorna)

· Centro Cultural Vicente Vidal (Leiro)

· A Atalaia (Asados)

Outros artigos

Este xoves arrincan as Festas de Taragoña 2025

Finalmente chegou o día: este xoves 17 botan a andar as Festas de Taragoña 2025. O alcalde, Julián Bustelo, recibiu este martes 15 de xullo a varios membros da comisión de festas para presentar o programa deste ano. Por diante catro xornadas con moita música, xantar...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.