No Son as persoas maiores poderán participar en outubro nun curso de cociña de tempada e elaboración de recetarios web

07 Outubro 2026

O Concello de Porto do Son, en colaboración da Deputación da Coruña, organiza este mes de outubro un obradoiro creativo de formación en cociña de tempada. As sesións terán tamén unha importante vertente gráfica e visual, xa que se mostrará como fotografar os pratos resultantes para crear un recetario web.

Para participar requírese ás persoas interesadas ser maiores de 60 anos, estar empadroados/as no concello do Porto do Son e dispoñer de teléfono con cámara.

As clases de cociña terán lugar os días 13, 14, 15, 16, 17, 19 e 28 de outubro no Viveiro de Empresas en horario de 16:30 a 20:30 horas. As clases de edición de imaxes para o recetario web serán o 26 e 27 de outubro na Biblioteca Municipal do Porto do Son.

As prazas son limitadas e as inscricións abríronse este mércores 7 de outubro. Poderanse realizar de forma presencial no departamento de Servizos Sociais de Porto do Son.

Outros artigos

Nebra (O Son) celebra este sábado a súa II Festa do Cocido

O Local Veciñal de Nebra vai acoller este sábado 7 de novembro a II edición da Festa do Cocido, co obxectivo de repetir o éxito de participación e repercusión da convocatoria do ano pasado. Haberá novamente "unhas boas doses de cocido (con todos os seus ingredientes),...

+

O Culturgal Expandido recala en Muros entre o 16 e o 18 de outubro

Artur Puga O Mercado Municipal de Muros acollerá entre o 16 e o 18 de outubro (de venres a domingo) a edición 2026 do Culturgal Expandido, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Muros. O programa inclúe actividades para todas as idades e a presenza...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Francia examina a sus políticos”. José Castro López

“Francia examina a sus políticos”. José Castro López

Estuvo en España Emmanuel Macron y, al hilo de su visita, es procedente recordar lacapacidad de Francia para marcar tendencias más allá de sus fronteras. La Ilustraciónsentó las bases de la democracia moderna, la Revolución Francesa precipitó el final delabsolutismo y...

“La ceguera mental de un regidor”. José Fernández Lago

“La ceguera mental de un regidor”. José Fernández Lago

Los que en estos momentos ya somos mayorcitos, hemos recibido en diversos ámbitos, cuando éramos jóvenes, la misma afirmación: que, en todas las instancias superiores a los individuos, hay que transmitir enseñanzas que sirvan para respetar a los demás y abrirles...

O Barbanza

Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.