O BNG reivindica en Porto do Son a memoria dos mártires de Nebra fronte aos retos actuais do país

12 Outubro 2026

No 110 aniversario dos asasinatos de 1916, a formación nacionalista vincula aquela loita agrarista coa defensa do territorio, a lingua, a vivenda e a soberanía.

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) conmemorou este 12 de outubro en Porto do Son o 110 aniversario dos sucesos de Canto da Mura, lembrando a memoria das mártires de Nebra como «parte da historia real do País» e un referente para as mobilizacións sociais actuais en favor da terra, a lingua galega, a vivenda digna e a autodeterminación dos pobos.

No acto —que contou tamén coas intervencións do portavoz municipal sonense, Balbino González, e da militante de Galiza Nova, Mariña Castelao, ademais do peche musical a cargo de Mini Rivas—, a deputada no Parlamento de Galicia Rosana Pérez lembrou a traxedia de 1916, cando cinco mulleres e un home foron asasinados e máis de trinta persoas resultaron feridas mentres defendían o dereito á terra fronte aos abusos fiscais e caciquís. «Está lonxe no tempo, pero moi preto das nosas loitas de hoxe», asegurou Pérez, quen trazou un paralelismo directo co movemento popular que rexeitou a instalación da pasteira de Altri.

A deputada nacionalista fixo fincapé na problemática da vivenda e acusou directamente ao Partido Popular de pasividade institucional tras 17 anos ininterrompidos á fronte da Xunta de Galicia. Neste sentido, censurou que os populares fagan agora promesas contra os desafiuzamentos e a exclusión a nivel estatal cando «non moveron un dedo» durante década e media desde o Goberno autonómico, sinalando explicitamente a Alberto Núñez Feijóo como máxima autoridade durante a maior parte dese período.

Durante a súa intervención, a representante parlamentaria tamén puxo o foco na defensa do idioma galego fronte ás políticas da dereita e a posición do PSOE, condenou as agresións e conflitos internacionais —facendo unha mención explícita de solidariedade co pobo palestino— e reivindicou o dereito á soberanía e autodeterminación. Pérez concluíu rexeitando a «arma ideolóxica da hispanidade» fronte á necesidade de rescatar a memoria colectiva galega: «Somos porque outras foron».

Outros artigos

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.