A conselleira María Martínez Allegue e o rexedor Luis Oujo mantiveron un encontro institucional para avaliar posibles actuacións no municipio.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, co obxectivo de abordar e coordinar diferentes iniciativas encamiñadas a reforzar a oferta e o acceso á vivenda no municipio barbancés.
Durante o encontro, ambas as administracións analizaron as necesidades actuais da localidade neste eido e puxeron sobre a mesa vías de colaboración para o desenvolvemento de proxectos conxuntos. O contacto enmárcase na rolda de xuntanzas institucionais que a Consellería vén mantendo cos gobernos locais para impulsar plans residenciais sustentables e adaptados á realidade de cada concello galego.




