FIN DE SEMANA: AS NOSAS LETRAS. Propostas para tempo de lecer (VII)

14 Agosto 2021

APOIA AS NOSAS LETRAS E ÓS NOSOS AUTORES, MERCA NAS NOSAS LIBRARIAS

“AS FÁBRICAS DE CORRUBEDO”. Historia.Galego. Santiago Llovo Taboada. Andavira Editora

Santiago Llovo narra a historia das nove fábricas de salgadura que funcionaron ao longo do século XIX na vila mariñeira de Corrubedo e quen foron os seus xerentes. Trátase dun traballo pormenorizado no que o escritor pretende desentrañar a tradición mariñeira da parroquia a través de documentos oficiais e a riqueza da transmisión oral. Tras múltiples obras vinculadas á costa das rías galegas, o santiagués espera poder seguir avanzando nas súas investigacións e publicar sobre outros municipios costeiros.

Santiago Llovo recolle a historia das salgaduras coa finalidade de facer visible e poñer en valor o patrimonio preindustrial desenvolvido arredor das fábricas de sardiña, que era como os cataláns adoitaban chamar ás salgaduras. Ao longo do libro o autor vai debullando a historia das nove fábricas que existiron no pasado nas praias urbanas de Corrubedo -algunhas datadas a finais do século XVIII e das que, nalgúns casos, aínda quedan vestixios- incluíndo as súas orixes, os propietarios que tiveron ao longo do tempo, as embarcacións mercantes asociadas a elas, as infraestruturas coas que contaban ou os produtos que comercializaban.

“PENSAR POR PENSAR AL HILO DE LOS DIAS”. Artículos. Castelán. Xosé A .Perozo. Auga editora

En más de cuarenta y cinco años de ejercicio profesional del periodismo y del oficio de escritor, Xosé A. Perozo ha debido escribir entre unos seis y siete mil artículos de opinión, además de reportajes, entrevistas, comentarios y críticas de libros, de arte, de obras de teatro, de películas, guiones para radio y televisión, conferencias y discursos propios y ajenos, prólogos, etc, pero hasta ahora nunca había tenido la tentación de recoger algunos de sus trabajos en formato libro, no obstante de las muchas peticiones y sugerencias recibidas de amistades y gente lectora que habitualmente lo siguen.
Pensar por pensar es la cabecera bajo la cual, todas las semanas de los últimos años, vienen apareciendo sus artículos en cinco diarios gallegos. Este volumen recoge 136 columnas seleccionadas entre las publicadas en los años 2018, 19 y 20 y ofrecen una panorámica de la forma de entender la realidad del autor al hilo de los días.

COIDADORA“.Novela. Galego. María Marco. Galego. Edicións Xerais

A novela “Coidadora”, de María Marco, Premio Xerais 2020, descóbrenos unha nova e orixinal autora que aborda un tema de enorme actualidade: o das coidadoras. Os coidados signifícanse como a expresión máis radical da disidencia, como un acto político, revolucionario e antiprodutivista capaz de desconcertar o capitalismo. A traves dun relato poliedrico, a personaxe principal conectanos con intrahistorias, metahistorias, ideas ou conceptos que rematan nunha verdadeira baixada aos infernos de xeito catártico. “Coidadora” e unha obra ateigada de referencias, fragmentaria e resistente, capaz de dialogar cos problemas da sociedade actual, facendonos partícipes da tensión e da angustia que provocan as tarefas dos coidados a persoas dependentes. A autora bota man de textos narrativos, líricos ou científicos para construír unha paisaxe literaria con distintos planos que dan lugar a unha obra singular, suxestiva e atrevida.

Propostas anteriores:

VI- 7 de agosto de 2021

V- 31 de xullo de 2021

IV- 24 de xullo de 2021

III- 17 de xullo de 2021

II- 10 de xullo de 2021

I-  3 de xullo de 2021

Outros artigos

O novo Auditorio de Ribeira abrirá o sábado 1 de xuño

O novo Auditorio Municipal de Ribeira abrirá as súas portas o sábado 1 de xuño e para celebrar a súa apertura, a Concellería de Cultura está a organizar unha programación especial que se estenderá ao longo de todo o mes. Esta coincidirá co "Xuño dá Cultura e as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...