Os socialistas de Ribeira piden actuar con urxencia para achegar seguridade na rúa Romero Ortiz

01 Outubro 2020

A rúa Romero Ortíz de Ribeira é unha das máis castigadas historicamente pola irrupción do tráfico rodado no centro da cidade, ao ter sido obrigada durante décadas a soportar tráfico de subida e de baixada malia o estreito do seu trazado e co agravante de non contar con beirarrúas continuas e axeitadas. O problema, lonxe de amañarse co proceso de humanización do rueiro da cidade impulsado estes anos polo Concello, agravouse porque non variou en nada a súa condición de estrada en dúas direccións e, ademais, viu como se incrementaba o volume de tráfico que adoita soportar a diario. Os problemas levan anos sendo denunciados pola veciñanza, e, recentemente tamén, polo PSdG-PSOE. A preocupante situación do viario (que está pendente de ser acondicionado polo Concello, tal e como recordamos dende O Barbanza) volveuse pór de manifesto o pasado martes, cun accidente de circulación sufrido entre dous vehículos no que non houbo que lamentar vítimas pero que motivou a intervención inmediata das forzas de seguridade. Os socialistas ribeirenses, a petición da veciñanza e ante a lentitude das obras proxectadas para achegar seguridade na rúa Romero Ortíz, tanto para peóns como para os propios condutores, veñen de emitir un comunicado no que insisten na “necesidade urxente de actuar na dita vía”.

O grupo local do PSdG-PSOE lembra que hai exactamente un ano a Corporación Municipal de Ribeira aprobaba a proposición presentada polo grupo municipal socialista para a Humanización da rúa Romero Ortiz. Como consecuencia, realizouse un proxecto de actuación que foi incluído nos Orzamentos do 2020, e incorporado na petición do Plan complementario da Deputación da Coruña por un importe de 164.161,14 €, no mes de maio do actual.

En base ao devandito, os socialistas solicitan ao alcalde que “dea trámite de urxencia á licitación de dita obra destinada a solucionar o caos de tráfico ea falta de seguridade viaria que sufrimos na rúa Romero Ortiz”. Tamén lle require que “teña a ben instalar de xeito provisional uns semáforos de obra, que regulen a circulación o treito estreito da vía”.

Outros artigos

El Brujo volverá a Ribeira coa “Viaxe do monstro fero”

O Concello de Ribeira presentou este 9 de xullo os detalles da nova actuación de El Brujo en Santa Uxía. Na cita cos medios participaron a concelleira de Cultura, Antía Alberte, xunto cos técnicos de Cultura, Sara e Unai. Trátase, sinalaron, dunha nova proposta...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Del veraneo a las vacaciones”. Javier García Sánchez

“Del veraneo a las vacaciones”. Javier García Sánchez

En mis recuerdos está más que presente el modo conel que se nos premiaba al final del curso escolar yque todos conocíamos como veranear. Eran variosmeses de veraneo de infancia y juventud quediscurrían en una de las playas más emblemáticas.En mi caso la que se conocía...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.