O Concello de Ribeira saca a licitación a adquisición do mobiliario do novo Consistorio

26 Setembro 2026

Logo de finalizar a rehabilitación integral da Casa Consistorial de Ribeira ao abeiro da convocatoria do ano 2022 do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP 1) dependente do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, o Concello sacou a licitación a adquisición de novo mobiliario que permita, en palabras do Goberno local, “un avance na accesibilidade fronte ao anterior e acorde ás prestacións nas novas dependencias que redundarán nunha mellor atención á cidadanía; unha compra que será posíbel grazas a unha subvención da Xunta de Galicia para o reforzo dos equipamentos municipais nas administracións locais no desempeño do seu servizo público”.

Dende o Executivo engaden que “se ben reutilizarase gran parte do mobiliario existente, o feito de dispoñer de máis espazo redunda na necesidade de incorporar máis de 230 novos elementos entre cadeiras, mesas e armarios”. O prazo máximo para o subministro do material será de 15 días dende a sinatura
do contrato.

O orzamento base de licitación é de 50.603,41 euros, IVE incluído, financiados por dita achega. As empresas interesadas dispoñen ata as 23.59 horas do 8 de outubro para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.