Os socialistas de Ribeira propoñen melloras urxentes de seguridade na rúa Romero Ortiz

07 Outubro 2019

20191007 A rúa Romero Ortíz de Ribeira e os seus graves problemas de accesibilidade e seguridade (problemas dos que dimos conta este verán en O Barbanza, e que se resumen na imposibilidade de garantir a protección dos peóns con tráfico de sentido duplo e sen a existencia de beirarrúas, ao que cómpre unir o escaso espazo existente no vial para o paso de uns e doutros nas mellores condicións), está a poñer á veciñanza en pé de loita. Froito disto, o PSdG local que dirixe José Manuel Vilas, presentará no pleno da Corporación de Ribeira unha proposta para mellorar a seguridade dos peóns ao tempo que se optimiza (e cálmase) o tráfico que discorre por Romero Ortíz.

A proposta, sinalan os socialistas, ten a súa orixe “nos requirimentos e demandas reiteradas dos veciños da rúa Romero Ortíz e do entorno do barrio do Pombal e Bandourrío, rúas Cervantes, rúa Pombal, e rúa Teruel”, requirimentos e demandas que se materializaron en máis de trescentas sinaturas entregadas no Consistorio para esixir actuacións perante as seguintes eivas: a inexistencia de beirarrúas (no treito comprendido entre a praza de Compostela e a altura das rúas Martín Códax e Pero Meogo, nunha lonxitude duns 140 metros) e a presenza, na marxe dereita, dun treito de beiras descontinuo e, polo tanto, “moi deficiente”, presentando un aspecto deteriorado con desniveis inoportunos e con muros divisorios de antigas vivendas en plena vía pública. A isto, os socialistas e e veciñanza engaden a existencia dun firme en mal estado, cun pavimento asfáltico “descontinuo e roturado”, con treitos en formigón e con descalces, que fan difícil o acceso aos bens inmóbeis anexos.

Tendo en conta todo isto, ao que cómpre engadir “os problemas comúns nas zonas urbanas” (conxestión de tráfico rodado que se incrementa pola imposibilidade e acceder aos barrios da zona alta de Ribeira polo centro da cidade, contaminación, perda de identidade dos barrios históricos, diminución da produtividade, ruído, problemas de seguridade viaria, crecemento urbano desmesurado, etc), o grupo socialista solicita o seguinte:

· Que se proceda a redactar un proxecto de humanización da rúa co obxecto de formar un conxunto harmonizado, mellorando o espazo urbano dotado de mobilidade e accesibilidade peonil, coherente coa planificación da cidade.

· Que o proxecto abranga a pavimentación de beiras e ambos lados da calzada, de tres metros de mancho, con dous pasos de peóns elevados, no comezo e no final deste primeiro tramo, xunto co regulamento provisional do tráfico rodado con semáforos (praza de Compostela-casa San Lourenzo), contemplándose a dotación de árbores na beira esquerda, bancos e papeleiras e a posible renovación de servizos de auga, saneamento, telefonía e alumeado.

· Que se solicite a autorización pertinente á Deputación da Coruña, como ente titular da vía DP-7308, e que se inclúa este proxecto nas obras a solicitar ao Plan Único 2019 adicional, destinado ao financiamento de obras sustentábeis dende o punto de vista do investimento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

En los enredos políticos cabe valorar indicios superlativos de egolatrías, ambiciones, avaricias y desentendimientos. Los coches oficiales suelen llevar cristales tintados y eso impide ver los bosques, descender a la realidad de lo cotidiano, entender lo que preocupa...

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

En tempos, Madrid foi -amáis de capital de España- a cidade das chulapas e chulapóns, a cidade con máis mariños do territorio español, de osos e madroños e a capital do schotis que había que visitar polo menos unha vez na vida. Na actualidade, Madrid é tamén un...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.