Romero Ortíz segue a impedir o paso de vehículos e peóns con total seguridade

02 Setembro 2019

20190902 Ribeira ten na rúa Romero Ortíz un problema de difícil solución e que se remonta a moitas décadas atrás, ao momento en se consolidou o tráfico rodado e os vehículos comezaron a percorrer en dous sentidos o vieiro quen enlaza con Martín, cara a arriba (Martín) e cara a abaixo (o porto). Malia a destrución urbanística e arquitectónica de Ribeira, moitas das súas rúas, ao igual que as doutras localidades da nosa contorna, seguen a ter un trazado antigo, demasiado estreito para as necesidades do tráfico actual. O resultado de todo isto é que en Romero Ortíz, literalmente, non collen ao mesmo tempo dous coches e un peón, como se aprecia na foto.

O problema agrávase ante a falta de beiras (só existen eses arcéns delimitados), a velocidade do tráfico (hai quen baixa polo vieiro como se dun circuíto de carreiras se tratase, cos problemas de seguridade que isto implica, máxime se hai nenos e persoas maiores camiñando) e a saturación de coches provocada pola imposibilidade de acceder a determinados barrios (como por exemplo o Monumento) dende o centro de Ribeira.

O problema, segundo o Concello, desaparecerá no intre exacto en que comece a estar operativa a variante, tamén chamada circunvalación, en palabras do Goberno local “a gran infraestrutura destinada a desconxestionar o tráfico na cidade”, chamada a aliviar a circulación en Romero Ortíz ao tempo que se mellora a comunicación co Touro.

Mentres tanto, algúns veciños levan anos reclamando medidas. Por exemplo a construción de mellores beiras, a instalación de semáforos (que, como o do centro de Corrubedo, impida o acceso ao porto mentres haxa coches de regreso do porto) ou o establecemento dun único sentido (por exemplo cara a arriba, cara a Martín, e permitir o descenso dos vehículos no enlace entre Romero Ortíz e Fontán, xa no Touro).

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.