“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

25 Abril 2024

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucos
familiares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cada
un dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugar
que fedía e fede que alcatrea. Necesarios espazos para os seres vivos, para as mascotas e
para os amantes delas.
Pensaba que morría e morreu cando ía no camiño de volta, antes de chegar ao cruceiro que
marcaba a ruta pola dereita, pola esquerda ou seguindo o recorrido do sol, para desfrutar
do solpor, para chegar a esquina da terra, entrar no alén e non volver. Morreu precisamente
alá, nese alén, lonxe da mirada dos seus, lonxe da mirada dos cans que buscaban quen os
queira.
Os sobriños, ao pasar o tempo e constar que non chegaba, foron na procura daquela muller
silandeira e deron con ela. Estaba ao pairo, tan lonxe e tan cerca, na memoria da veciñanza
toda, no silencio da mirada de cada unha das mozas novas, na euforia dos rapaces do lugar
que a apreciaban e que a querían, na esquina, onde a terra e o mar falan seguido e contan
os seus contos, que saben ou que inventan.
O mar e a terra son amigos e, como se fosen irmáns, apertan a aquela muller mollada, a
aquela que vai cos parentes para estrear un lugar novo, o sitio dos homes e das mulleres
mortas, o tanatorio, a antesala do cemiterio. En cada lugar, por pequeno que sexa, hai un
tanatorio para esquecerse dos mortos, daqueles que querían, de boa gana, estar na súa
casa, onde poden agrandarse e conservarse as lembranzas. A Tía Manuela di que a memoria
alivia o tránsito da morte dos mortais. Xa que logo, sigamos! Cadaquén no seu sitio,
observando, repasando e recordando a bonhomía dos que se foron. Se é o caso, rezando ou
cantando.
Organizáronlle un funeral civil. Xuntáronse todas as persoas da redonda para falar, escoitar,
mirar e ver. Moitas delas, uns días despois, non lembraban nada do ocorrido e, para deixar
constancia do seu pasamento, o poeta máis local de tódolos poetas gravou en pedra o sentir
duns versos pensados e sen escribir, para que cadaquén poida interpretalos á súa maneira,
aínda que, como dicía Antonio Machado, a terra estea mollada e a alameda dourada,
baixando pola curva cara o río.
Os lugares sobranceiros de Galicia, das catro provincias, do interior ou de xunto ao mar,
tiñan río e, cando menos, unha fonte fermosa, dúas ou tres. Estaban dispostas para beber,
para escoitar o pasar e o cantar da auga; preparadas para lavar a roupa, a louza, as tripas
dos porcos na matanza, as mans e a cara dos traballadores cando ían ou volvían da seitura.
A fonte e o fume da cheminea eran sinais inequívocas de vida, como hoxe os tanatorios son
indiscutibles sinais do pasamento. Alí, neles xúntanse as familias para protagonizar as
despedidas e dar renda solta á memoria, a que de verdade queda e a única que pode
permanecer. Que sexa para sempre!

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...