O Concello de Ribeira mellora o parque das Abesadas e o firme da rúa de Galicia

25 Abril 2024

O Concello de Ribeira mantivo estes días varias fontes de traballo abertas. A seu abeiro, acondicionaranse infraestruturas e mellorouse a transitabilidade e a accesibilidade de rúas e edificios públicos.

Unha destas fontes de traballo abertas mobilizou á brigada de obras municipal para realizar tarefas de mantemento e renovación de pezas no parque infantil das Abesadas.

Ademais, a brigada acondicionou o estacionamento do CEP de Carreira para mellorar a seguridade e accesibilidade do mesmo.

A maiores, a brigada municipal estivo traballando os días pasados na reparación de lousas na céntrica rúa de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.