
Porque o alcalde Almeida de Madrid é de talla baixa puido coarse nas tendas de acampada que, na Porta do Sol da capital de España, instalaron centos de persoas -maioritariamente xoves- que demandan unha solución para o problema habitacional que lle veu enriba a Maricarme, a anciá de 87 anos á que unha empresa inmobiliaria quixo poñer na rúa polo sistema do desafiuzamento dado que non admitiu o pagamento dun alugueiro que lle quedaba lonxe das súas posibilidades económicas como pensionista que é.
Finalmente, a presión cívica exercida por moitos veciños de Madrid concentrados no quilómetro cero da capital española e doutras cidades -entre estas Santiago de Compostela-, a empresa que exercía un dereito que dicía ter a lanzar do piso que habitaba Maricarme, e o Goberno presidido por Pedro Sánchez, dobraron a vontade do caseiro e a anciá ten por seguro o seu retorno ao piso no que residía dende vai 70 anos unha vez recupere a súa saúde no hospital no que permanece ingresada desde o seu lanzamento.
E foi así malia a negativa do alcalde de Madrid e a presidenta desta comunidade autónoma a que ese final se producira, efectivamente. Especialmente o alcalde, Martínez-Almeida, quen asegurou que tiña constancia de que en moitas tendas de acampada os ocupantes de estas fixeran gran acopio de adoquíns e coitelos de cociña de grande tamaño, dando a entender que poderían ser empregados contra as persoas que non concordaban coas ideas dos que protestaban.
Bulos, simples alpurnadas que, en boa hora, non chegaron a callar. Pero que evidencian do que son quen a facer aqueles que, por un ideario político, chegan a mentir sen caer ca conta de que, tarde ou cedo, vai saberse ata onde se pode mentir con medio sorriso posto.


