O Concello de Ribeira elaborará un proxecto de reordenación da rúa Romero Ortiz

09 Outubro 2019

20191009. O entorno da rúa Romero Ortiz, situada en Ribera, será obxecto de próximas actuacións. Desde o Concello ribeirense manifestan que a mellora da accesibilidade en algúns puntos da parte alta, xa foi executada por parte da brigada de obras municipal, logo dun compromiso do executivo local nunha xuntanza cun grupo de veciños. Ademais, os técnicos municipais procederán á elaboración dun proxecto de reordenación da rúa e as súas adxacentes.

Unha das principais medidas que se tomarán será a colocación dun semáforo na parte estreita que permita a regulación do tráfico, atopándose xa en proceso de contratación, así como a elevación dos pasos de peóns que van desde a Residencia de Maiores ata a praza de Compostela, sempre e cando o autorice a Deputación da Coruña porque é a titular de dita estrada.

O Concello de Ribeira tamén prevé que no proxecto poidan adaptarse as beirarrúas, no tramo regulado polo semáforo, ao novo ancho de vía e dar unha continuidade que pretende mellorar a seguridade viaria.

Así mesmo, o executivo local está negociando cos propietarios dunha das casas que se sitúan fóra da aliñación, co propósito de poder retirar o muro uns metros e gañar así un espazo de desafogo nunha das zonas máis estreitas. Segundo indican, a vontade de ambas partes é positiva, sendo probable que se chegue a un acordo nos próximos días.

Cómpre lembrar que o grupo municipal do PSdeG-PSOE anunciou recentemente que levaría unha proposta a pleno ao respecto da situación da citada rúa.

No que respecta a outras intervencións no municipio, a pavimentación das rúas Pombal e Cervantes xa se atopa na última fase de licitación, polo que serán renovadas a principios do vindeiro ano. Ademais, desde o Concello apuntan que xa se teñen feitas as xestións ante a Deputación da Coruña para acometer as melloras de seguridade viaria na parroquia de Aguiño, concretamente no entorno da estrada xeral con rúa Castelao, coa pretensión de elevar os pasos de peóns.

Outros artigos

En Ribeira caída xeneralizada de fibra en varias zonas

Onte contorna ás 11 da mañá, as redes de fibra de distintos fogares de Ribeira deixaron de funcionar debido a un fallo de BRAS. As empresas provedoras comunícannos que actualmente este problema xa case esta emendado na súa totalidade e que o servizo está case...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

Todo ao grande, como debe de ser para aparentar fartura. En A Cañiza, neste mesmo ano,Alberto fixo o bocadillo máis grande que se coñece no mundo. Era de xamón, tan grandeque ninguén era quen de comelo enteiro. A barra de pan medía uns vinte metros delonxitude e a...

“Amigos”. Xulio Xiz

“Amigos”. Xulio Xiz

Eu era de facer anotacións de todo tipo, ata que as novas tecnoloxías me mudaron os hábitos. Hai anos utilizaba unha relación de varios folios onde tiña clasificados por orde alfabética amigos e coñecidos con enderezo, teléfonos e correos electrónicos. E, á parte,...