A comarca enfía a fin de semana con numerosas cancelacións por mor do COVID-19

12 Marzo 2020

Estes días son días de cancelacións e aprazamentos na comarca, unha medida extensíbel a todos os concellos e que afectan a actividades que impliquen concentracións de persoas, xa non só grandes, senón de calquera dimensión. Entre os eventos previstos que veñen de ser adiados para máis adiante, para cando a situación derivada da pandemia de COVID-19 se normalice, atópanse algúns que vimos anunciando dende hai semanas, como por exemplo o acto inaugural da nova exposición d artista local Manuel Ayaso que tiña programado o Concello de Ribeira para este venres 13.

Tamén se apraza para máis adiante o espectáculo de ópera Madama Butterfly no Auditorio de Rianxo, previsto para este sábado 14, ou o monólogo que ía ofrecer o venres 13 a humorista Valeria Ros na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro, do que falamos onte en O Barbanza antes do anuncio de aprazamento.

Igualmente, suspendeuse o mercadiño dos sábados en Ribeira, ou a homenaxe aos maiores que tiña programado realizar a Asociación de Amas de Casa de Ribeira.

A maiores destas actividades, tamén cae o xantar da terceira idade que ía ter lugar en Lousame o domingo.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.