Aprazado o acto inaugural da exposición de Manuel Ayaso no Lustres Rivas

12 Marzo 2020

Ata novo aviso e como método de prevención contra o contaxio do coronavirus, a Concellería de Cultura de Ribeira vén de comunicar que se apraza o acto inaugural da mostra titulada Reflexos da Costa da Morte, do artista aguiñense Manuel Ayaso, previsto para as 20.30 horas deste venres 13 no Centro Cultural Lustres Rivas.

Tamén quedan suspendidos tódolos actos culturais, presentacións de libros, espectáculos, obradoiros, conferencias e outras actividades que teñan lugar en centros culturais, cívico-sociais, Auditorio, casas da cultura, museos ou bibliotecas; así como actividades culturais municipais e, máis concretamente, os ensaios da Coral, escola de teatro e escola municipal de ballet desde mañá e nos próximos 14 días.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.