O pintor aguiñense Manuel Ayaso exporá Reflexos da Costa da Morte no Lustres Rivas

09 Marzo 2020

O Centro Cultural Lustres Rivas dará cabida do 13 de marzo ao 25 de abril a unha nova exposición titulada Reflexos da Costa da Morte. Esta mostra do artista aguiñense Manuel Ayaso atópase formada por setenta gravados a punta seca.

A inauguración terá lugar o venres 13, ás 20.30 horas. Cada asistente recibirá un coidado catálogo elaborado expresamente para esta exposición coa que se quere exhibir o talento dun dos máis insignes artistas da bisbarra.

Cómpre lembrar que o primeiro evento celebrado no Lustres Rivas tras a súa compra por parte do Concello de Ribeira fora a presentación, en novembro de 2012, dun libro editado pola Deputación da Coruña dedicado ao legado e a traxectoria do aguiñense, quen veu en decembro de 2018 como o centro de cultura da localidade que o veu nacer era bautizada co seu nome.

As visitas poden realizarse de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas, así como os sábados, de 11.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas. A entrada é libre e gratuíta.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.