Suspendido o mercadiño dos sábados en Ribeira agás os postos dedicados á alimentación

12 Marzo 2020

O Concello de Ribeira vén de comunicar a suspensión do mercadiño dos sábados agás a parte dedicada exclusivamente á alimentación, que se mantén “para axudar a que supermercados e outros establecementos baixo teito da zona non teñan que soportar un volume masivo de compradores de produtos de primeira necesidade como son os alimentarios.”

Non obstante, coa fin de evitar aglomeracións de xente no mercadiño, aumentarase a superficie na que se instalen estes postos ampliando así as zonas de paso.

Esta medida precautoria ante o coronavirus manterase como mínimo na cita desta fin de semana e na do 21 de marzo.

Outros artigos

O Mugart remata a impartición do primeiro curso de gravado mural

Sete persoas participaron na acción formativa da man dos profesores José Fuentes e Antonio Navarro O Museo do Gravado de Artes continúa achegando formación nesta disciplina artística co primeiro curso de gravado mural impartido nesta fin de semana a un total de sete...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

22 de noviembre 1963. Esa tarde estaba escuchando la radio, de joven muy aficionado a ello. Sobre las 09,30 de la tarde la radio da la noticia, el presidente Kennedy ha muerto. Para un jovencito de corta edad ¿Qué importancia pudiera tener esta noticia? El NO-DO, que...

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

Os galegos Pedro Barrié de la Maza, José Fariña Ferreño e José María González-Llanos figuran entre as sete persoas e unha entidade ás que o Ministerio de Traballo retirará as  Medallas ao Mérito no Traballo polos seus vínculos  ao golpe de estado fascista e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.