A humorista Valeria Ros presenta este venres en Boiro o seu humor “sen filtros”

11 Marzo 2020

Este venres 13 de marzo A Pousada da Galiza Imaxinaria ponse novamente en clave de humor e achéganos unha nova entrega do seu ciclo de monólogos. Desta volta, a retranca en carreira libre, sen obstáculos, virá da man da humorista e monologuista Valeria Ros, a partir das 23.00 horas no local de Boiro. O nome baixo o que se presenta o espectáculo, Sen filtro, fala por si só do menú que contén: un menú de historias sen censura, fluíndo libres e botando man da improvisación e mesmo da interacción co público. Segundo se fai saber dende a web de A Pousada, Valeria Ros detalla neste monólogo as súas obsesións, observacións e múltiples fracasos, incluído un achegamento a algunhas das súas máis célebres meteduras de zoca recentes.

Valeria Ros, para quen non o saiba, presenta cada semana o programa radiofónico La lengua moderna xunto ao tamén cómico Quequé. Ao mesmo tempo é colaboradora dende 2017 do programa A vivir que son dos días, presentado por Javier del Pino. Estes traballos compaxínaos con Zapeando, programa de TV no que ten unha sección de seu, semanal, chamada Lo que pides y lo que te llega.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

A folga está recoñecida como un Dereito Fundamental na Constitución española, concretamente no seu artigo 28, entendendo como algo necesario para defender os intereses socioeconómicos e profesionais dos traballadores. Así mesmo o artigo 4 do propio Estatuto dos...

“As ilusións transformadoras” – Xosé González Martínez

“As ilusións transformadoras” – Xosé González Martínez

En 1983 as persoas que circulaban polas tres estradas que converxían na vila de Redondela sorprendéronse un día coa aparición duns paneis de grandes dimensións colocados nas beiraestradas dándollela benvida aos viaxeiros nos catro idiomas cooficiais do Estado...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.