A RAG e a Fundación Barrié abren a campaña para a elección da Palabra do Ano 2026

04 Novembro 2026

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié abren hoxe a campaña para a elección popular da Palabra do Ano 2026. A través do Portal das Palabras o público poderá participar en primeiro lugar na fase de recolla de suxestións ata o venres 20 de novembro ás 23:59 horas. Tras o anuncio das voces finalistas, a votación telemática permanecerá aberta ata o mércores 16 de decembro. A voz gañadora anunciarase nas vésperas do Nadal.

Segundo informan as dúas entidades convocantes, a iniciativa para a escolla da Palabra do Ano “anima a toda a cidadanía a pensar ben nesa voz que dalgún xeito resume como se viviron socialmente os últimos meses, ben naqueloutra que permite redimirse colectivamente daquilo que se quere deixar atrás ou mesmo agradecer e proxectar cara ao futuro o bo que trouxo 2026”. A proposta galega, fronte ás escollas de palabras do ano noutros idiomas máis centradas decote en neoloxismos, “vai deixando así un regueiro de voces que visibilizan desde temas que preocupan especialmente nun momento determinado ata devezos e fontes de ilusión colectiva”, segundo reivindican dende a RAG e a Fundación Barrié.

Como lembraremos, en 2025 a palabra elixida, xenocidio, puxo o foco sobre a preocupante actualidade arredor do termo; en 2024 a palabra escollida foi cantareira, unha afirmación festiva consciente a prol da tradición e a música do pobo coa que o público lle deu a benvida á exitosa celebración do Día das Letras Galegas 2025; en 2023 optouse polo humor coa  elección de cibercarracho para alertar do auxe da ciberdelincuencia; en 2022 comadre reivindicou a capacidade da fala popular de apelar á sororidade; e en 2021 e 2020  tanxugueiras e  nós actuaron como bálsamo en tempos pandémicos. Con anterioridade o público corou sentidiño (2019), deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016) e refuxiado, -a (2015).

Do Portal das Palabras ao Ximnasio Léxico

Alén do Portal das Palabras, a Real Academia Galega e a Fundación Barrié colaboran na divulgación do léxico do noso idioma a través do Ximnasio Léxico, a aplicación de xogos do Dicionario, e mais a propia aplicación do Dicionario da RAG, ambas as dúas dispoñíbeis para iOs e Android.

Outros artigos

A Deputación participa nunha nova edición de Culturgal

A Deputación da Coruña participará un ano máis en Culturgal, a Feira das Culturas Galegas, que celebrará a súa XIX edición do 26 ao 29 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. A institución provincial contará cunha programación propia que permitirá dar a coñecer...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.