O Concello de Boiro abre o prazo de solicitude de instalación de terrazas na vía pública durante o ano 2027

04 Novembro 2026

O Concello de Boiro ten aberto o prazo para a instalación de terrazas de hostalaría na vía pública para o ano 2027. Segundo confirmaron dende o Consistorio, a solicitude de instalación debe facerse anualmente presentando a correspondente solicitude mediante a sede electrónica.

Segundo regula a ordenanza municipal de terrazas na vía pública, a instalación durante todo o ano debe solicitarse entre o 1 de novembro e o 15 de decembro do ano inmediatamente anterior ao da solicitude. As peticións específicas para o período estival poden facerse no mesmo prazo ou entre o 1 de marzo e o 15 de abril, e as solicitudes para as datas de Semana Santa, 10 días antes do período solicitado segundo corresponda cada ano.

As autorizacións teñen unha vixencia anual, polo que a renovación de autorización se debe realizar cada ano e non se poderá instalar ningunha terraza que non estea debidamente solicitada. Do mesmo xeito, a instalación de terrazas na vía pública está suxeita a unhas normas, reguladas na Ordenanza municipal.

A documentación necesaria para tramitar a solicitude e toda a información sobre o procedemento está a disposición das persoas interesadas na web municipal e nos servizos de Recadación do Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.