Dúas citas culturais chegan ao Auditorio Municipal de Ribeira neste mes de novembro dentro do Outono das Artes

04 Novembro 2026

O Outono das Artes da Deputación da Coruña achega ao Auditorio Municipal de Ribeira, coa colaboración do Concello, dúas propostas culturais nas que a música terá gran protagonismo: Retrincos, de Airiños, e a actuación de Antía Muíños, presentando o seu disco Anfibia por veces.

“O outono é unha época na que seguimos desfrutando da cultura con accións pensadas para desenvolverse en espazos pechados e, desta vez, temos unha función que mestura teatro e música, así como un concerto. Son dúas actividades que chegan a través do ente provincial, pero que, ao mesmo tempo, se enmarca na programación municipal Outono Cultural, cuxo programa completo desvelaremos en vindeiras datas, pero no que, podo adiantar, a música ten un papel clave”, explica a concelleira de Cultura, Ana Barreiro.

Porase en escena Retrincos, no domingo, 8 de novembro, ás 19.00 horas, onde a Banda da Escola de Música de Rianxo e Teatro Airiños unen a música en directo e a dramatización para revisitar a obra de Castelao dende unha perspectiva escénica e musical. En consecuencia, aquí combínase a interpretación teatral de varios relatos de Retrincos coa execución da obra composta por David Fiuza Souto, creando un diálogo entre palabra e música que achega ao público o universo literario dun dos grandes referentes da cultura galega. O espectáculo conclúe coa interpretación de Lela; unha das pezas máis emblemáticas do patrimonio musical galego.

E a outra actividade é a actuación de Antía Muíño, no sábado, 14 de novembro, ás 20.00 horas. Co seu novo disco Anfibia por veces, a artista consolídase como una das voces máis singulares da nova

música galega. A súa proposta transita con naturalidade entre a canción de autora, o jazz-pop e a tradición oral, construíndo un universo sonoro delicado e contemporáneo no que conviven a intimidade das composicións propias e a forza expresiva do canto tradicional. No escenario, Antía acompáñase dunha formación integrada por Miguel Arribas, Ton Risco e Yudit Almeida; catro intérpretes que crean un diálogo musical rico en matices, onde a voz,a percusión, os ventos e o contrabaixo se poñen ao servizo dun repertorio que explora novas formas de entender a música galega desde a creación actual.

Ambas sesións están destinadas ao público en xeral e a entrada é gratuíta, con apertura de portas media hora antes do inicio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.