Rianxo acolle o 29 de febreiro a gala final do certame de curtas Alberto Romero

18 Febreiro 2020

O concello de Rianxo incide na súa faceta cinematográfica (logo da súa ampla participación no certame Youtubeir@s e logo de servir de plató á rodaxe de Do dereito e do revés e de O Castelo da Lúa) acollendo este 29 de febreiro a gala de entrega de premios da cuarta edición do Certame Audiovisual de Curtas Alberto Romero. A cita será no Auditorio Municipal, a partir das 19.00 horas.

O acto estará presentado por Vanesa Ordoñez e Emilio Palmeira e contarán coas intervencións de José Andrés Mariño, Marga Loureda, Marian Rosemary, Daniel Martíns, Chumi, Xabi Romero, Bandamueca, Moncho Vidal e actuación estelar de Thais Suki.

A gala retransmitirase en directo na canle de Youtube da TV Canal Rías Baixas e no Facebook da Asociación Alberto Romero. Para máis información, podemos consultar a páxina web www.albertoromero.org. O certame en si mesmo e máis a gala, unha festa de premios, música, humor e cinema, vén da man da devandita asociación en colaboración coas entidades e empresas Trazos, Larajeu por Barlovento, CONGALSA, ANPAs Arousa Norte, Obra Social de La Caixa, Chicolino, a Deputación da Coruña, a Mancomunidade Arousa Norte (Rianxo, Boiro, A Pobra e máis Ribeira) e Era Dixital.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...