VouFilms presenta en Rianxo a curtametraxe O Castelo da Lúa

21 Xaneiro 2020

O Castelo da Lúa, a lendaria construción medieval cuxos restos no esteiro do río Te son hoxe un dos principais tesouros rianxeiros das súas rutas costeiras, é o fío condutor dunha nova obra audiovisual que leva o seu nome (O Castelo da Lúa) e que vai ser presentada este sábado 25 de xaneiro na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a partir das 20.00 horas. Trátase dunha curta producida por VouFilms e dirixida e escrita por Lois Basallo.

O acto, que é de balde e para todos os públicos, incluirá a proxección e, tamén, unha mesa redonda na que participará o director, Adriana Rego, historiadora da Arte, Mario César, arqueólogo e os actores Sergio Pazos e Miguel Pernas. Na presentación tamén se proxectarán outras curtametraxes da devandita produtora: As Lavandeiras e máis As Costureiras, as dúas de VouFilms. A presentación insírese no programa de actividades que organiza o Concello para conmemorar o 70 cabodano de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (o programa Castelao 2020).

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.