Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaranse
quietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dos
movementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na mesma beira do
precipicio. Andarán os homes cos calcaños apertados, coas puntas erguidas e coa mirada fría
mirando para o futuro e para o pasado, de esguello. Cando se pare o mundo, todos os arrastrados
serán infelices, tan infelices como se non se parara nunca.
Elas e eles saben moi ben que o camiño, como case tódolos camiños, é longo, quebrado e abrupto.
Vai e volve sen parar e sen permitir que se deteñan os que andan, sen permitir que o mundo se
pare, a pesar das miradas e das enormes freadas daqueles que apertan o freo pensando no interese
duns poucos. Diría a xefa da gobernanza, “pensando exclusivamente nos beneficios seus e nos bens
dos seus”.
Cando se pare o mundo, para botalo a andar de novo cómpre unir tódalas mans, tódalas forzas e a
intelixencia de todos; cómpre xuntar as miradas e mirar ao lonxe, mirar para a revolta e ver despois
da revolta. Cómpre velo todo, interpretar o que se ve e, se é posible, mirar outra vez. O camiño é
longo, pero é posible. Todas as mulleres do mundo e todos os homes do mundo serán quen de
andalo, amodo e sen parar.
Sen parar, andan estes días os políticos, mellor dito, políticos e políticas. Non paran de falar e cando
se atrancan, respiran e volven atrancarse. De tanto falar, ás veces, equivócanse e seguen
tropezando, como saben que hai camiño aberto, seguen bourando, escondendo o que pensan,
buscando argumentos e razoando. Eles, os profesionais que viven da política defenden o seu salario,
o seu traballo e ao seu amo.
“Tiñan que defendernos a nós”, dicía Tiolindo do Río, pero non son quen de facelo e, por máis amor
que oferten, non saben quen somos, “non saben se somos nós ou se somos aqueles”. Parece obvio
que ninguén debe entender a política como instrumento para acadar o beneficio persoal. Pola
contra, como di a Tía Manuela, debe comprender “aquelas accións certeiras e centradas no servizo á
sociedade”, aínda que para Orwell, “en época de engano universal, a verdade sexa un acto
revolucionario”.
“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez
Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...



