“Próximas eleccións nas confrarías de pescadores do Barbanza na percura dun mellor futuro”

25 Outubro 2026

Antón Luaces.- Ao menos tres patróns maiores doutras tantas confrarias de pescadores do Barbanza deixarán os seus cargos nos vindeiros meses. Son os de Noia, Muros e Cabo de Cruz, mentres que pode haber cambio nos pósitos de Ribeira e Porto do Son.  A maiorìa cesará no cargo por xubilación, caso de Santiago Cruz, aínda patrón maior de Noia que, ao cabo de 25 anos á fronte desta confraría, coida que xa lle chega o momento da remuda. O mesmo pensa o patrón maior de Muros, Daniel Formoso, quen non obstante, reconsideraria a súa decisión de non presentarse ninguén para ocupar o posto no que Formoso leva 23 anos decidindo o presente e o futuro do pósito muradano.

Tampouco presentará a súa candiatura á reelección Jesús Pérez Dieste, que dixo sentirse decepcionado pola inexistencia de apoiois e pola recuperación do sector marisqueiro na demarcación de Cabo de Cruz. 

As eleccións van celebrarse no próximo outono, co  José Antonio Pérez Sieira como patrón maior de Ribeira e Emilio Queiruga, de Porto do Son.

David Formoso, patrón maior de Muros e presidente da Federación Provincial de Confrarías, ten confianza en que de coidar o mar sí ten futuro.

As votacións están previstas para o 23 de xanejro de 2027, após a xornada de constitución das xuntas electorais. Uns 13.000 traballadores do mar e armadore están chamados a votar para renovar os órganos do goberno das 63 confrarías rexistradas en Galicia.  

Outros artigos

O Concello de Noia amplía a rede de saneamento en Sueiro

O Concello de Noia prosegue a súa actividade nas parroquias, mellorando servizos básicos, e os días pasados iniciou os traballos para ampliar a rede de saneamento en Sueiro, na parroquia de Argalo. A intervención achegará ás veciñas e veciños 100 metros de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.