María Sampedro comprométese coa veciñanza do Touro a mellorar servizos básicos e reforzar o mantemento

25 Outubro 2026

Un grupo de veciños e veciñas do barrio do Touro, en Ribeira, tivo ocasión de facer unha radiografía das necesidades do lugar xunto á alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Obras, Herminia Pouso. As principais demandas foron relativas á regulación do estacionamento de vehículos durante o verán e ao arranxo do tramo de paseo con firme en formigón que vai a carón de Area Secada, así como cuestións de mantemento.

A rexedora expuxo que se estudará a viabilidade de acometer a pavimentación de dito anaco de paseo para que o firme estea nivelado e mellorar a accesibilidade. Así mesmo, manifestou que se avaliarán diferentes alternativas para a mellora do fluxo do tráfico na zona durante o verán.

Outro asunto a tratar versou sobre a velocidade na estrada provincial que une o centro urbano coa parroquia de Castiñeiras, pois residentes trasladaron que hai vehículos que exceden o límite permitido. A mandataria local comprometeuse a “colocar nas inmediacións un dos radares pedagóxicos dos que recentemente adquiriu a Administración local” e tamén indicou que “xa trasladou á deputada provincial de Vías e Obras a demanda veciñal relativa a máis pasos peonís”. Así mesmo, consensuado coa veciñanza, faranse controis de tráfico para garantir o cumprimento do límite de velocidade permitida e mellorar a seguridade na área.

“Xa estivemos na Carroucha, na Agriña e na Habana, e nesta semana estivemos cunha trintena de veciños e veciñas da contorna do Touro para escoitar as súas demandas”, manifestou Sampedro, para quen “o contacto directo a pé de rúa é clave para coñecer as necesidades reais e acertar na folla de ruta marcada para a acción municipal”.

Outros artigos

O Concello de amplía a rede de saneamento en Sueiro

O Concello de Noia prosegue a súa actividade nas parroquias, mellorando servizos básicos, e os días pasados iniciou os traballos para ampliar a rede de saneamento en Sueiro, na parroquia de Argalo. A intervención achegará ás veciñas e veciños 100 metros de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.