
Este domingo prosegue o III Ciclo Cultural Infantil Itinerante do Porto do Son. E faino da man da artista María Faltri e o seu espectáculo familiar Picadiscos. Será este domingo ás 18.00 horas na Casa da Cultura de Miñortos. A entrada será libre ata completar a capacidade. A cita vén da man do Concello (Área de Cultura) coa colaboración da Rede de Cultura da Deputación da Coruña.
Esta proposta é unha sesión de Picadiscos infantil de 60 minutos pensada como unha gran festa participativa: non é teatro, nin concerto… é unha pista de baile onde o público se converte no verdadeiro protagonista. Música galega de onte e de hoxe, xogos rítmicos, instrumentos, disfraces e dinámicas de grupo crean un espazo de celebración, movemento e diversión compartida.
A sesión está conducida por María Faltri, creadora da escena infantil galega con máis de dez anos de traxectoria como dinamizadora musical, cunha ampla experiencia en espectáculos familiares e educativos, aporta unha mirada sensible e coidada, convertendo a festa nunha experiencia artística, inclusiva e chea de significado
Programación pendente
· 25 de outubro
A Casa da Cultura de Miñortos acollerá a María Faltri. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.
· 1 de novembro
A Casa da Cultura de Baroña acollerá a Caxoto. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.
· 8 de novembro
A Casa da Cultura de Xuño acollerá a Dani Polo. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.
· 15 de novembro
A Casa da Cultura de Queiruga acollerá a Brais das Hortas. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.
· 22 de novembro
A Casa da Cultura de Portosín acollerá ao Teatro Ghazafelhos. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.
· 29 de novembro
A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá a sesión Dedín, dedín, dedal. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.



