O Liceo Marítimo de Ribeira creará un espazo cultural promovido polo escritor local Antonio Piñeiro

29 Xaneiro 2024

Na mañá deste domingo 28 de xaneiro celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria do Liceo Marítimo de Ribeira, coa asistencia de preto de medio centenar de asociados. Entre outras cuestións aprobouse, por unanimidade, a necesidade de crear un “espazo cultural ” no Liceo, cuxo promotor será o escritor e poeta ribeirense, Antonio Piñeiro, estreitamente vencellado á actividade do Liceo. A directiva e os socios fixeron saber que a vindeira semana manterase unha reunión co alcalde, Luís Pérez Barral, e máis coa concellería de Cultura do Concello de Ribeira, Antía Alberte, para ir dando forma consolidada a este proxecto.

Na asemblea deste domingo tamén se deixou ver a posibilidade de crear unha” aula de estudo” para que os nenos e mozos poidan atopar un punto de encontro para o reforzo da comprensión lectura e a mellora do rendemento educativo.

Sobre Antonio Piñeiro

Antonio Piñeiro (Ribeira, 1962), como lembraremos, é un dos escritores da nosa comarca máis recoñecidos, prestixiosos, innovadores e prolíficos. Atesoura numerosas distincións tales coma o García Barros, no 2011, por As fiandeiras, ou o Torrente Ballester, no 2017, por A través do fume, ao que se engaden, entre outros, o Premio Xosé Neira Vilas por Esca do profesor ou o Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira por Celada. Da súa pluma tamén saíu a novela Trávelin, que foi a gañadora da vixésimo sétima edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta convocado polo Concello do Grove,

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.