O ribeirense Antonio Piñeiro gaña con “Trávelin” o prestixioso Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta

17 Decembro 2020

O escritor e profesor de Ribeira nunha imaxe de Ana Rial

O xurado desta vixésimo sétima edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta, convocado polo Concello do Grove, deu a coñecer esta semana que o galardón deste ano irá dar a mans do escritor e profesor ribeirense Antonio Piñeiro, polo seu libro Trávelin.

O xurado, formado polos escritores e críticos literarios Alberto Avendaño, Armando Requeixo, Ánxela Rodríguez, Mario Regueira e Ignacio Vidal Portabales, elixiron finalmente a dita novela de Piñeiro (presentada baixo o pseudónimo Avelaíña)nunha edición do certame que, segundo salientaron, volveu destacar pola alta calidade das contribucións presentadas, confirmando o Premio Manuel Lueiro Rey como “un dos máis importantes do escenario literario galego”.

Queda pendente da evolución da situación actual a celebración do acto de entrega deste galardón que, ademais dos 3.000 euros, consiste na publicación da obra a través da editorial Edicións Xerais de Galicia.

Antonio Piñeiro (Ribeira, 1962), como lembraremos, é un dos escritores da nosa comarca máis recoñecidos, prestixiosos, innovadores e prolíficos. Atesoura numerosas distincións tales coma o García Barros, no 2011, por As fiandeiras, ou o Torrente Ballester, no 2017, por A través do fume, ao que se engaden, entre outros, o Premio Xosé Neira Vilas por Esca do profesor ou o Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira por Celada.

Outros artigos

Xa podemos votar na Rede pola Palabra Galega de 2024

Dende o ano 2014 o Portal das Palabras convida a todas as persoas que o desexen a participar na escolla da Palabra do Ano. Deste xeito, logo da fase de recolla de suxestións, a Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié abren este mércores 11 de decembro a fase...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

Nos últimos tempos, a dereita política española está a preocuparse máis en lanzar trolas e mentiras para tratar de despistar sobre os múltiples casos de corrupción que tiveron, con sentenza firme, e que aínda ten xudicializados. Desde que o sr. Feijóo chegou á capital...

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...