A novela Celada, do ribeirense Antonio Piñeiro, entre as grandes novidades post-COVID de Xerais

25 Maio 2020

Paseniño e cun futuro incerto que poderá ser máis prometedor e optimista con axuda de todas e todos, o panorama editorial galego vai volvendo á vida logo da longa interrupción motivada pola COVID-19. Xerais, un dos principais selos editoriais da nosa terra, mostrou este luns 25 os detalles dos seus vindeiros lanzamentos, un total de oito novidades para todos os gustos, idades e tendencias, entre os que se conta a novela Celada, do escritor ribeirense Antonio Piñeiro.

Celada, como lembraremos, é a obra gañadora da sétima edición do Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. Sitúanos nos anos setenta, unha década se fondas transformación sociais e políticas na que ferven as revoltas universitarias, como por exemplo as protagonizadas en Compostela pola mocidade activista que enchía daquela os campus e as facultades. A novela de Antonio Piñeiro pon o foco nunha destas accións de mobilización, que está a piques de ser desbaratada por redada policial comandada polo inspector Alaín. Segundo fai saber Xerais sobre o argumento, “pouco imaxina o inspector o que vai atopar detrás da investigación que está a facer sobre un dos grupos insurxentes que operan na cidade, nun emocionante final da novela”.

Outros artigos

Ribeira marchará por quinta vez contra o cancro no 16 de maio

A cidadanía volverá camiñar por unha boa causa coa quinta edición da Andaina Solidaria “Ribeira en Marcha Contra o Cancro” que botará a andar no sábado, 16 de maio, por parte da xunta local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en colaboración co Concello. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.