O Concello de Ribeira premiará as fachadas, balcóns e xardíns mellor decorados este Nadal

15 Decembro 2023

O concelleiro de Festexos, Francisco Suárez-Puerta e a concelleira de Cultura, Antía Alberte, presentaron este venres 15 de decembro o concurso de embelecemento de fachadas, balcóns e xardíns para todas as parroquias de Ribeira. “Trátase dunha actividade promovida polo Concello de Ribeira co obxectivo de poñer en valor, incentivar e dinamizar a participación co tecido económico do municipio mediante a creación da decoración de fachadas, balcóns ou xardíns realizada nas vivendas do municipio” explicou Suárez-Puerta, engadindo que “poderá participar no concurso calquera persoa empadroada no municipio de Ribeira de xeito individual ou colectivo, maior de idade”.

A decoración deberá estar exposta dende o venres 15 de decembro de 2023 ata o sábado 6 de xaneiro de 2024, ambos os dous incluídos.

As persoas participantes terán que enviar ata o 20 de decembro de 2023 un máximo de 3 fotografías nas que se poida apreciar e valorar a decoración realizada. O xurado do concurso estará composto por cinco persoas das cales dous serán representantes do sector da hostalería e dous do sector do comercio.

“O concurso outorga premios cun importe total de 6.750,00 €, distribuídos en tres categorías e tres premios para cada unha das nove parroquias do Concello de Ribeira. O primeiro premio é un bono regalo por valor de 400 euros para gastar no comercio local, o segundo premio; unha cesta por valor de 200 euros, e o terceiro unha cesta por valor de 150 euros”, explicou Antía Alberte.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

O BNG de Dodro demanda máis persoal municipal

Desde o principio do mandato o BNG de Dodro está trasladando aos gobernos locais e autonómico a preocupación veciñal polo que é, nas súas palabras, "unha falta de investimento en Dodro" e "unha falta limpeza e asfaltado ao longo da estrada da Xunta AC-305 que vertebra...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.