“Dúas liñas aéreas galegas de conexión con Madrid, susceptibles de se cubrir con trens”. Antón Luaces

20 Outubro 2023

As liñas A Coruña-Madrid e Santiago de Compostela-Madrid son dúas das once conexións aéreas entre cidades peninsulares españolas susceptibles de utilizar o ferrocarril en, como moito, catro horas, e nas que na maioría dos casos, hai catro frecuencias diarias en cada sentido.

Segundo a organización medioambientalista Ecoloxistas en Acción, trocar o avión polo tren minoraría a crise climática: só na península, España pode substituir 50.000 voos por viaxes en tren de catro horas de duración, aforrando deste xeito unhas 300.000 toneladas de CO2 cada ano.

Os ecoloxistas teñen identificadas 11 conexións aéreas entre cidades que dispoñen dunha alternativa en ferrocarril de, como moito, as anteditas catro horas de duración con esas catro frecuencias diarias en cada sentido. Estas once rutas implican máis de 50.900 toneladas de CO2 ao ano, é dicir, un terzo das operacións peninsulares e case que 6 millóns de pasaxeiros.  A maioría das conexións aéreas de voos domésticos enlazan cos arquipélagos de Baleares e Canarias.

España é un dos países da Unión Europea onde máis se incrementou o número de voos domésticos nos últimos anos, con enormes impactos en termos de emisións, segundo recolle hoxe o xornal elDiario.es do coordinador do estudo, Pablo Muñoz.

A principal conexión en España é a de Madrid-Barcelona que, en 15.700 operacións realizadas antes da COVID-19 transportou 2,5 millóns de persoas.

Séguelles de lonxe A Coruña-Madrid, Madrid-Sevilla e Madrid-Valencia e, mais distantes, as conexións susceptibles de seren cubertas con trens: Alicante-Madrid, Barcelona-Valencia, Madrid.Málaga, Madrid-Pamplona, Santiago de Compostela-Madrid, Granada-Madrid e Logroño-Madrid.

A Coruña- Madrid realiza 5.638 operacións anuais, con 52.331,7 toneladas de CO2 como consumo. O Santiago de Compostela-Madrid realiza 4.557 operacións e consume 47.592 toneladas de CO2 anuais.

En total, as rutas candidatas propostas por Ecoloxistas en Acción supuxeron en 2019 emisións de 379.000 toneladas de CO2 ese ano (que foron o 12% das do sector aéreo doméstico total). Unha boa parte desta cantidade de gas de efecto invernadoiro (causa do cambio climático) é a que se eliminar cunha substitución de voos curtos por outros medios de transporte.

Outros artigos

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...

+

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión