“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

17 Maio 2024

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación.

Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos na publicación dunha revista mensual e dun diario dixital de ámbito comarcal que chegariamos ós concellos da beira norte de Arousa. Poucos meses despois ampliamos a nosa cobertura e incluímos tamén os concellos da ría da Estrela, é dicir Muros e Noia, e pouco a pouco imos incorporando máis municipios.

A edición impresa do O Barbanza segue a ter unha periodicidade mensual, cunha tirada media por número de 7.000 exemplares, e unha distribución que abrangue os concellos das dúas rías, ademais de Santiago. Trátase dunha publicación que conta cunha ampla distribución sen esquecer a edición dixital, con meses que superan os 120.000 usuarios únicos, é dicir case catro mil lectores por día.

Evidentemente na edición papel, non tratamos de ser un medio de actualidade inmediata, para iso está a edición dixital que a diario sube noticias da comarca e que se apoia tamén nas redes sociais, sempre contando coa colaboración dos lectores e veciños.

E como non o agradecemento especial ós nosos colaboradores e articulistas que nos deleitan cos seus textos.

E quen está detrás desta aventura? Como co mentamos ao principio, un grupo de profesionais da comarca que edita desde hai máis de dúas décadas a revista mensual Código Cero e a web diaria codigocero.com dedicadas a ciencia e tecnoloxía de Galicia.
Unha publicación a de papel, que se distribúe en todo o pais e que na súa edición dixital, codigocero.com, chega diariamente a máis de 3.000 subscritores cun boletín de novas tecnolóxicas de balde e que conta con preto de 15.000 usuarios únicos/día e con varios milleiros de seguidores en redes sociais. Pero non é todo, tamén a editorial publica libros e revistas e fai proxectos editoriais para institucións, organismos e empresas.

Pero volvendo o balance destes cinco anos de O Barbanza, cremos que logramos o que dicíamos na nosa primeira editorial: “Ser un medio o mais neutral posible, algo difícil, pero por intentalo que non sexa”.

As felicitacións de institucións, partidos, organismos, asociacións, fundacións, empresas e sobre todo dos lectores así o amosan ata converternos nun dos medios de comunicación de referencia da comarca.

Nacíamos con moita ilusión e así seguimos, e agardamos que saiban perdoarnos polos erros que cometemos nesta aventura, pero iso si, continuamos precisando do seu apoio e colaboración para poder contarlles historias cada mes e cada día. Non dubiden en escribirnos a redaccion@obarbanza.gal.

Moitas grazas e agardamos xa as súas suxestións e propostas. Vémonos no próximo número.

O Equipo de “O Barbanza“

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.