Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en 1970 con Corpiño xeitoso e San Antón. Fai 35 anos do seu pasamento (decembro de 1989). Tiña 42 anos. Morreu de cancro de fígado. Non podo esquecer quen tanto fixo para dar a coñecer a nosa nobre alma galega. Esa morriña, nostalxia, tristura, melancolía, alma galega.
Os tempos son chegados, non podemos deixar pasar os anos, non podemos deixar a Andrés no esquecemento, porque aínda está presente, hoxe nas nosas lembranzas das nosas vidas dende que as súas cancións formaron parte da nosa vida.
Tempo seco e soleado este martes 22 pola influencia anticiclónica e a entrada de aire cálido
Mantense o Nivel 1 (amarelo) no noroeste, interior e suroeste da Coruña; montaña de Ourense e as Rías Baixas e vermello no interior de Pontevedra. A estabilidade meteorolóxica continuará marcando a xornada deste martes 22, San Mauricio, grazas á persistencia da...



