“Parabéns compañeiros! (no quinto aniversario de Obarbanza.gal)” – Xulio Xiz

17 Maio 2024

Se para o sufrido oficio de escribir sen pelos na lingua (feliz día da Lingua, meus amigos!) houbese distincións de soles (e penso como exemplo nas estrelas do mundo gastronómico), hoxe, vós, teriades cinco soles coma cinco casas. Como a vosa irmá maior, Código Cero tería vintecinco follas de loureiro que farían coroa de honra e resistencia polos seus vintecinco anos.

Parabéns, benqueridos compañeiros, polo feliz aniversario que hoxe entoamos convosco, na seguridade de que Galicia precisa da vosa presenza activa, e o país é máis grande canto máis libre e canto máis diverso é o mundo tanxible ou intanxible da comunicación.

Por outros cinco anos con forza, ilusión e éxitos, por cinco veces outros cinco, e que despois sigan a pedir os que daquela teñan a responsabilidade de facer país verso a verso, pantalla a pantalla, libres e -como quería Díaz Castro – “cos ollos abertos ao mencer”.

Desde a Terra Chá ata O Barbanza, apertas fraternas, e que a información libre nos acompañe e nos inspire.

Xulio Xiz.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...