“Os Amigos do Camiño celebran en Vietnam o Día das Letras Galegas”. Xulio Xiz

18 Maio 2024

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ángel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride.

Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halond a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.

Na intervención por videoconferencia, o xornalista lembrou a personalidade da escritora homenaxeada, Luisa Villalta, para facer logo fincapé nos dezaseis lucenses que recibiron ata agora a honra de serlles dedicado o Día das letras, e subliñando catro dos nomes que agardan por un Día no futuro: Avelino Díaz, de Meira; Carmiña Prieto, de Vilalba; Manuel Rodríguez de Paradela, e Fiz Vergara Vilariño de Samos.

O grupo de Amigos do Camiño, que percorre Vietnam na súa viaxe cultural anual, ten celebrado o Día das Letras en lugares como Bulgaria, Sicilia, Rumanía ou Xordania, por coincidir estas viaxes coa Festa Galega da escrita e da fala.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.