O Museo do Gravado de Artes estreitará lazos co Concello de Santa Marta de Tormes, en Salamanca

14 Xullo 2023

O Museo do Gravado de Artes estreitará lazos co Concello de Santa Marta de Tormes, en Salamanca, con fins artísticos. A actuación inicial consiste nunha cesión de fondos para a inauguración, este sábado, dunha exposición sobre Dalí. Nela exhibiranse medio centenar de obras que permitirán ao público penetrarse en tres dos numerosos proxectos de ilustración de libros que realizou o recoñecido pintor.

A exposición permanecerá no Museo do Gravado de Santa Marta ata o 7 de xaneiro do 2024 con dez ilustracións das Fábulas de Jean da Fontaine; 19 imaxes pertencentes a unha serie gráfica sobre Pantagruel, de François Rabelais; e 23 estampas do enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha, de Miguel de Cervantes.

Está previsto que, coincidindo coa inauguración da mostra, o alcalde de Ribeira, Luís Pérez, e o seu homólogo de Santa Marta, David Mingo, asinen un convenio de colaboración para traballar de forma conxunta na difusión da cultura artística.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.