AGADEA visibiliza no CHUS os retos actuais da atención ao alzhéimer no seu Día Mundial

21 Setembro 2026


A Asociación Galega para a Axuda das Persoas con Demencia tipo Alzhéimer (AGADEA) conmemorou este 21 de setembro, no Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS), o Día Mundial do Alzheimer. Fíxoo cunha mesa informativa e un encontro no que participaron a presidenta da entidade, Isabel Gey Pérez; o xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Ángel Facio Villanueva; e profesionais sanitarios vinculados á Neuroloxía.

A actividade serviu para achegar información á cidadanía e poñer o foco nos principais retos actuais: avanzar no diagnóstico precoz, reforzar a coordinación entre os ámbitos sanitario e social, garantir recursos de proximidade e acompañar tanto ás persoas diagnosticadas como ás súas familias.

A Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL) estima que preto de 70.500 persoas viven en Galicia con Alzhéimer ou outro tipo de demencia, mentres que a Xunta de Galicia sitúa en máis de 5.000 os novos diagnósticos anuais.

“Estas cifras cobran especial relevancia nunha comunidade cunha poboación fortemente envellecida, na que o 25,4 % das persoas supera os 65 anos”, informou AGADEA.

AGADEA sinalou tamén que o alzhéimer representa entre o 60 % e o 80 % dos casos de demencia. A esta realidade súmase o elevado infradiagnóstico: estímase que arredor do 70 % dos casos de demencia poderían estar sen diagnosticar. Ademais, o impacto da enfermidade esténdese directamente ás familias, xa que o 85 % dos coidados recaen nun familiar próximo.

AGADEA aproveitou a celebración para defender “unha resposta integral na que a innovación terapéutica vaia acompañada de capacidade diagnóstica, coordinación sociosanitaria, recursos especializados e de proximidade, apoio ás persoas coidadoras e respecto á autonomía e á dignidade das persoas diagnosticadas”.

Con motivo do Día Mundial do Alzhéimer, esta noite a Televisión de Galicia (TVG) emitirá o documental Un Camiño de Lembranzas – O Camiño de Muxía e Fisterra, que recolle o proxecto desenvolvido por AGADEA ao longo de diferentes etapas do Camiño a Muxía e Fisterra e co-financiado pola Xunta de Galicia no marco do programa O teu Xacobeo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.