“A miseria oculta” – Manuel Domínguez

11 Xullo 2023

O que se pode ocultar detrás de fermosas palabras, eu dígoche en principio non te namores tan rápido desas belas palabras.

Algunhas veces esas belas palabras ocultan unha desagradable miseria, é triste, penoso, pero é a realidade, fermosas palabras que encandean, namoran, ocultando unha miserable vida.

O papel en branco é a terra, as palabras, a semente, e pode dar vida ou traxedia, pode dar trigo ou silvas, é por iso que recomendo, mirar que ocultan as palabras. Como? Observando o seu froito, se a vida do autor é tan fiel ás súas palabras, pois ás veces o que ocultan esas belas palabras é a gran estafa.

Cando mozo liches ao coñecido poeta, premio nobel de Literatura, Pablo Neruda, Vinte cancións de amor e unha canción desesperada, morrer nos seus versos.

A realidade tiña unha filla, nacida con hidrocefalia, viviu 8 anos, non podía falar nin camiñar a causa da hidrocefalia. el chamábaa ”punto e coma” ou “a hormiguita”, tíñaa abandonada.

O admirado Carlos Marx, estudado en todas as universidades do mundo, un teórico do traballo, autor de O Capital, un gran tratado sobre o traballo, sen nunca traballar, os seus fillos.

Dos seus sete fillos, só conseguiron sobrevivir tres fillas. E destas, unha morreu de cancro aos 38 anos e as outras dúas suicidáronse. Unha delas, Laura, fíxoo xunto coa o seu marido, Paul Lafargue, un dos introdutores do marxismo en España e autor do famoso O dereito á preguiza.

Porque hoxe toco este tema, pois pola sinxela razón, que lin, estou a ler cousas que dan noxo, xente, que se non coñecésemos pensariamos que son sacerdotes no terceiro mundo, temos que observar se as súas vida, son reflexo do que eles predican,

Ao ter facilidade de palabra, é moi fácil engatusar.

O cinismo destas xentes é tan grande que é alarmante, e non son políticos.

Pola dor que pode causar non considero oportuno poñer foto da filla de Pablo Neruda.

Hai vidas vomitivas.

Outros artigos

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...

+

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión