“Medios e máis forzas para acabar co lume nos montes”. Antón Luaces

10 Agosto 2022

Resulta evidente que os lumes que afectaron e aínda afectan aos montes galegos están, verdadeiramente, provocados polas persoas. Segundo algunas estimacións, non menos do 70%  dos incendios forestais nada teñen que ver coa Natureza. A man do home está tras deles. Aquí e en toda España.

Na actualidade circulan nas redes sociais apuntamentos segundo os que a maioría destas queimas teñen que ver con intereses económicos de persoas  directa ou indirectamente relacionadas con empresas vinculadas a novas tecnoloxías de produción enerxética.

Descoñezo o grao de certeza de tal aserto, pero sí quero deixar claro que vexo a man do home como provocadora deste caos que xa produciu a norte e feridas a varias persoas.

Ata que punto é así, que trinta patrullas do Exército van sumarse aos efectivos antiincendios da Xunta. Deste xeito reforzarase a vixilancia e identificación de potenciais axentes dos lumes forestais.

Son trinta patrullas terrestres e dous equipos de mantemento móbil. Todos eles van despregarse polos montes galegos no marco do operativo que integran as tropas da Operación Centinela Gallego da que se responsabilizan o Goberno galego e o Ministerio de Defensa.  Entre os efectivos figura un operativo cuxo obxectivo é mellorar a seguranza das persoas e a dos bens e, en xeral, a protección e defensa da riqueza forestal da Comunidade Autónoma fronte á amenaza dos lunes. Dispón, amáis, dunha Unidade de Investigación de Inxcendios Forestrais (UIFO) creada o ano pasado e que estes días traballa arreo para esclarecer as circunstancias dos lunes .

O dispositivo contra o lume conta tamén con droms despregados polo territorio, así como con 148 cámaras de última xeración provistas dunha tecnoloxía especialmente deseñada para exteriores e vixilancia forestal que é quen de identificar matrículas de vehículos nas pistas forestais.

O operativo dispón dun investimento de medio millón de euros e suipón a presenza de medios militares para atallar eventuais lumes na actividade incendiaria.

Outros artigos

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...

+

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión