A táboas do Elma converteranse nun peculiar furancho da man de Marián Bañobre e Isabel Risco

27 Setembro 2019

20190927. Os amantes do teatro teñen unha cita o domingo 29 na Pobra do Caramiñal. O teatro Elma acollerá a función O furancho, a cargo de Marián Bañobre e Isabel Risco. Con texto e dirección escénica de Santiago Cortegoso, este espectáculo ofrece un peculiar furancho onde consumir o excedente de viño, sinónimo de humor, gozando dun espazo de comuñón e de complicidade no que o público se empapará de comedia. Ademais, para os que non beben alcohol en exceso, a actividade ofrece o seu propio balneario, nomeado Furancho Vitivinícola Rosalía de Castro, para desfrutar de tratamentos de beleza e saúde baseados en viñoterapia, pois “o corpo humano é unha vide que se expande. Cada célula é unha uva que flúe no interior. Cruzámo-las sementes das variedades máis exquisitas para atopa-la combinación perfecta que che proporcione relax e benestar. Todo iso sen produtos químicos nin sulfitos. Ecolóxico 100%.”

Organizada pola Concellería de Cultura da Pobra do Caramiñal, o evento arrancará ás 20.00 horas e a entrada será de balde.

Outros artigos

CONGALSA recolle o Premio á Empresa do Ano

A empresa CONGALSA, con sede principal na Pobra do Caramiñal e centrada no ámbito da alimentación baseada en produtos pesqueiros, amais de ser un referente en innovación, transformación e responsabilidade social empresarial, vén de recoller o Premio de Empresa do Ano....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...