Esperanza Mariño presenta na Pobra un libro que percorre a vida e a obra de Luísa Villalta

17 Maio 2024

Esperanza Mariño ofrece un amplo estudo sobre a autora homenaxeada polo Día das Letras Galegas 2024 en As escumas da letra. Biobibliografía de Luísa Villalta; volume que se presentou na tarde deste xoves 16 no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.

O libro componse de dúas partes: os aspectos biográficos compleméntanse cunha análise da súa extensa e prolífica obra literaria integrada, especialmente por poesía, pero tamén por narrativa, teatro e ensaio, ademais de facer traducións e cultivar o xornalismo de opinión ou cooperar en obras colectivas e na elaboración de manuais didácticos para o ensino secundario.

Durante o acto, a autora estivo acompañada pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e Xesús Laíño, da A.C. Barbantia.

A edil manifestou que se apostou por incorporar esta presentación na axenda do Maio das Letras Galegas ao tratarse dunha “completa obra que explora a evolución como escritora de Luísa Villalta, sen deixar de lado a súa traxectoria vital”. Engadiu que neste exemplar “constátase o compromiso de Luísa coas nosas letras, coa nosa lingua e, por extensión, coa nosa cultura”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eurocopa”. Xulio Xiz

“Eurocopa”. Xulio Xiz

Noto o peso dos anos, máis ca fisicamente nas continuas referencias a tempos idos. E non porque xeneralice a bondade do pasado, que moito habería que matizar, senón porque o paso do tempo me vai permitindo comparar situacións que me parecen aberrantes. O deporte –...